O Concello de Frades inviste case 28.000 euros no arranxo de tres pontes danadas polos temporais do pasado inverno
O Concello de Frades vén de rematar o arranxo de tres pequenas pontes no municipio que resultaron danadas durante os temporais do pasado inverno. As tres pontes arranxadas están situadas nas pistas Quintá-Papucín, San Mauro-Frades e Carballal- Papucín. O concelleiro de Medio Rural, Manuel Ferreiro Marzoa, explica que “tratouse de pequenos arranxos nas cabezas dos …